Espiño

Espiño – Venres 19 de maio – De balde

Espiño é novo proxecto musical de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales) compostelán de 1976 ligado ó mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Alfonso afronta esta nova etapa abondando no eido do pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. O músico santiagués amosará a súa faceta máis imaxinativa, apostando pola produción propia e o idioma galego. A súa banda, creada en outubro de 2016, está formada por Alfonso Espiño ó baixo e voz principal, Brais Sánchez ás guitarras e coros, Alexandro González ós teclados e coros e Curro Marcos á batería.
A pesares do pouco tempo transcurrido dende o inicio da banda, Espiño alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais do pasado ano, na categoría pop/rock. Dito premio permitiu ó grupo gravar un primeiro disco, I. O álbum, producido por Alfonso Espiño e Gerardo Amigo, está composto por seis cancións escritas e arranxadas polo propio Espiño, e conta coas colaboracións de Álvaro Crego ás trompetas e trompas e Quim Fariña ós violíns.

Concierto 22:30.  Entrada libre.

 

¿Te gusta? Compártelo.
El uso de esta página web está sujeto a unas Condiciones de Uso que prohíben el uso comercial de la misma. Si continúas a partir de esta página, acuerdas cumplir dichas condiciones.
Política de Privacidad | Política de Reserva de Entradas © 1999-2012 Sala Mardi Gras. Todos los derechos reservados .
Web desarrollada por Luis Quintana