16473518_10154978949009629_3153754383322733811_n

Ataque Escampe – Venres 12 de maio – 6€

Ataque Escampe na Coruña presentando Primeiros bicos!

O seu novo traballo incide na aproximación do pop ás músicas do hemisferio sur, especialmente no plano rítmico, que a banda xa viña traballando nas súas anteriores achegas, O disco vermello (2014) e Noites de agosto con Ataque Escampe (2012). Porén Primeiros bicos, cun son máis cru e próximo ao directo que nunca, marca da casa do produtor Julio Vilariño Cabezas, é sen dúbida o traballo máis intenso e bailable da banda. «As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído.

Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2007 polos escenarios, electrificándose de a pouco, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco.

Concierto 22:30.  Taquilla 6€.

 

¿Te gusta? Compártelo.
El uso de esta página web está sujeto a unas Condiciones de Uso que prohíben el uso comercial de la misma. Si continúas a partir de esta página, acuerdas cumplir dichas condiciones.
Política de Privacidad | Política de Reserva de Entradas © 1999-2012 Sala Mardi Gras. Todos los derechos reservados .
Web desarrollada por Luis Quintana