TERBUTALINA WEB

Terbutalina + Oh Ayatollah- Sábado 25 marzo – 10€

ClubE, o circuito de música galega patrocinado por Estrella Galicia e organizado por Clubtura, chega a Mardi Gras con duas bandas para gozar ata o infinito: Terbutalina e Oh Ayatollah.

Din que ata é pecado mortal perderse este bolo. E con iso dos pecados, nunca se sabe. Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente . Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados. Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por infinidade de festivales e salas. De feito, en 2014 o seu directo levounos a ser seleccionados dentro do circuito Artistas en Ruta. Terbutalina conta xa con varios traballos discográficos. O seu penúltimo LP, “A Muerte”, resultou gañador do Premio a Mellor Álbum en Galego nos Premios da Música Independente. En novembro de 2015 lanzan o seu último traballo “Al Otomano se le va la Mano”, gravado no Estudio A Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Guetto Recorders (Detroit).

Sábado 25, 22:00. Entradas físicas en Rock Box e Ummagumma. Online en Entradium.com e na web salamardigras.com 10€.

Os Oh Ayatollah comezarán a festa co seu pop primario, vívido, garaxeiro e divertido.

¿Te gusta? Compártelo.
El uso de esta página web está sujeto a unas Condiciones de Uso que prohíben el uso comercial de la misma. Si continúas a partir de esta página, acuerdas cumplir dichas condiciones.
Política de Privacidad | Política de Reserva de Entradas © 1999-2012 Sala Mardi Gras. Todos los derechos reservados .
Web desarrollada por Luis Quintana